Novas

Proxecto Persoas – Colaboración C.N.P.

Esta pasada semana recibimos una nova visita no adestramento do Proxecto Persoas.

Unha representación de axentes da Comisaría de Lugo do Corpo Nacional de Policía, encabezada polo Comisario Xefe, Luis Miguel Romera, sumouse aos voluntarios e voluntarias da Fundación Breogán e ao adestrador Álex Martín nunha xornada moi enriquecedora.

Foi unha oportunidade para compartir sinerxías, valores e compromiso social, achegando deporte, inclusión e solidariedade a través dunha experiencia única.

Grazas pola vosa implicación e apoio!