Comezamos as Experiencias Breogán 2025!
Esta semana temos o pracer de dedicárllela á Fundación Secretariado Xitano, coa colaboración da nosa empresa benefactora Pazo de Vilane.
Durante estes días:
🔹 Visitaremos as instalacións da Fundación en Lugo.
🔹 Recibiremos unha representación para coñecer o noso Tour do Pazo.
🔹 E vivirán en directo o partidazo do sábado 26 de abril entre o C.B. Breogán e o Joventut.
A Fundación Secretariado Xitano é unha entidade social intercultural sen ánimo de lucro que traballa desde hai máis de 40 anos pola promoción e igualdade de oportunidades da poboación xitana. A súa misión é a promoción integral da comunidade xitana desde a atención á diversidade cultural.
Unha semana para compartir, aprender e seguir sumando entre entidades que fan comunidade.