Onte tivemos o pracer de visitar o centro da Fundación Secretariado Xitano en Lugo, dentro do proxecto Experiencia Breogán, que levamos a cabo grazas ao apoio da nosa empresa benefactora Pazo de Vilane.
Nesta ocasión, acompañaron ao director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, os xogadores do C.B. Breogán Eric Vila, Edin Atić e Boubacar Touré, que compartiron vivencias e ilusións co alumnado.



Fomos recibidos por Belén Fdez. López, coordinadora provincial, e Olalla Radío, orientadora, xunto con varios docentes do Programa de Educación Promociona, un proxecto que ofrece apoio educativo ao alumnado en colaboración con familias e centros.
Foi unha xornada educativa, inspiradora e chea de aprendizaxes compartidas cos rapaces e rapazas de Primaria e ESO.



Grazas pola acollida e por seguir sementando futuro a través da educación!