O pasado sábado vivimos unha nova xornada do programa Ocio e Deporte Saudable, dentro do proxecto +xTI 24-25 da @xuventudedeporteslugo, impulsado polo @concellolugo. Esta vez, a cita foi na Praza do Castiñeiro, nunha mañá soleada perfecta para gozar do deporte.



Rapaces e rapazas compartiron xogos, aprendizaxe e diversión da man de Jaime Balado, profesor de Educación Física do Colexio Divino Maestro Lugo, a quen queremos agradecer especialmente o seu entusiasmo e dedicación.
E como sempre, chegou o momento da sana competición! Sorteáronse entradas para o partido CB Breogán vs Joventut, bufandas oficiais… e os gañadores levaron tamén a medalla oficial da actividade, unha obra especial de @oartesan3d.
Deporte, valores e moita ilusión. Seguimos!


