Nesta ocasión visitamos o local de Achádego Teatro, onde puidemos coñecer de primeira man todo o que hai detrás do pano.

Xunto aos xogadores do CB Breogán, Dragan Apic e Dewayne Russell, que desfrutaron coma nenos, mergullámonos nos entresixos da compañía: vestiario, atrezzo e milleiros de historias que dan vida ás súas montaxes 🎭
Moitas grazas a Antonio Sampayo, Jesús Mailán, Tareixa Campo e a todo o equipo pola súa acollida e por compartir connosco a súa paixón.



Dende a Fundación Breogán seguimos apoiando e dando visibilidade ás entidades que traballan cada día pola cultura lucense.
Grazas tamén á nosa empresa benefactora Grupo Ditram por facer posible esta experiencia.