Novas

Experiencia Breogán – Fundación Dignidade – Transportes Valín

Hoxe iniciamos a última Experiencia Breogán 2024!

Da man da nosa empresa benefactora Transportes Valín, temos a honra de dedicarlle esta experiencia á @fundaciondignidade, unha entidade comprometida co futuro das persoas.

A Fundación Dignidade traballa sen descanso promovendo programas e proxectos innovadores que xeran cambio social a través do bo trato e a dignidade humana. O seu principal obxectivo é a colaboración educativa e social coa xuventude, especialmente cos colectivos máis vulnerables á exclusión social.

Desde a súa creación en 2016, desenvolveron un labor esencial no ámbito da familia e dos menores, con iniciativas como a prevención de abuso en menores e a apertura do primeiro piso de emancipación para mozos e mozas maiores de 18 anos.

Queremos expresar o noso agradecemento a Transporte Valín por facernos partícipes deste importante traballo e por apoiar proxectos que transforman vidas.