Novas

Experiencia Breogán – Tour do Pazo e día de partido – PRODEME/ Ibersys

O pasado sábado vivimos unha xornada moi especial coa segunda fase da Experiencia Breogán, nesta ocasión dedicada á @asociacion_prodeme, grazas ao apoio da nosa Empresa Benefactora, @ibersys_seguridadysalud.

Dende Monforte chegou unha representación de usuarios que gozaron do noso Tour polo Pazo dos Deportes de Lugo, onde tiveron acceso a zonas habitualmente restrinxidas ao público, sempre coa guía e o entusiasmo do noso Director, Luis Abel Taboada.

Como grandes amantes do deporte, levaron consigo un recordo imborrable desta experiencia única. Pola tarde, dende o palco VIP da Fundación, vibraron co emocionante encontro entre o @cbbreogan e o Girona, que culminou cunha importantísima vitoria para o noso equipo!

No descanso, Julio Cortiñas, director de Prodeme, recibiu de mans de José Ferro, representante de Ibersys, un merecido recoñecemento polo seu admirable labor, acompañado do aplauso e cariño de todo o Pazo.