Novas

Experiencia Breogán – Taller Daulloa – Pazo de Vilane

Nova temporada do proxecto EXPERIENCIA BREOGÁN, que nos permitirá coñecer ao longo desta semana e da man da nosa empresa benefactora PAZO DE VILANE, o traballo do TALLER PRELABORAL DAULLOA.

O Taller Prelaboral para persoas con discapacidade ten sede en Monterroso (Lugo). Pertencen á Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo (COGAMI LUGO) e levan en activo desde fai máis dunha década.

Eles e elas serán os protagonistas da triple actividade que conforma este proxecto: unha representación do C.B. Breogán e da Fundación Breogán visitará o seu centro de traballo, invitarase aos seus membros a vivir a EXPERIENCIA PAZO (tour polas instalacións e convivencia cos xogadores) e tamén estarán convidados ao encontro que disputará o C.B. Breogan fronte ao Gran Canaria, tendo a posibilidade de utilizar o stand do EsPazo Fundación para dar visibilidade ao seu traballo.

Nun dos descansos do encontro, os representantes de TALLER DAULLOA recibirán un pequeño recoñecemento ao seu labor e o agarimo da bancada do Pazo dos Deportes.