Novas

Experiencia Breogán – Tour e Día de Partido – Fundación Dignidade

A pasada semana, un grupo de rapaces e rapazas da Fundación Dignidade, acompañados por dúas educadoras, gozaron dunha experiencia única co Tour polo Pazo dos Deportes de Lugo, dentro da iniciativa Experiencia Breogán. Esta actividade foi posible grazas á colaboración da nosa Empresa Benefactora, Transportes Valín.

Guiados por Luis Abel Taboada, Director da Fundación Breogán, os participantes descubriron cada recuncho do Pazo, pero foi na sala de trofeos onde máis brillaron os seus ollos. Posaron cos trofeos como auténticos campións e campioas.

Para completar a experiencia, tiveron a oportunidade de asistir desde o palco VIP da Fundación Breogán ao emocionante encontro entre o C.B. Breogán e o Manresa. Durante un dos descansos, no centro da pista e entre os aplausos do Pazo, Pablo Valín, en representación de Transportes Valín, fixo entrega dun merecido recoñecemento a Fernando Pérez Lozano, presidente da Fundación Dignidade.

Queremos destacar o incrible labor da Fundación Dignidade, unha organización que loita día a día por mellorar vidas e crear oportunidades. Grazas tamén a Transportes Valín por facer posible esta iniciativa e permitirnos dar a coñecer o seu traballo a toda a familia breoganista.