Novas

Pazo Aberto – Inscricións completas

Completamos as inscricións para o Proxecto Pazo Aberto!

Grazas a todos os centros educativos que mostraron interese e se uniron a esta iniciativa tan especial. Estamos encantados de anunciar os centros que visitarán o “corazón do C.B. Breogán” para vivir unha experiencia única:

CEIP As Nogais
CEIP de Bretoña
CEIP A Ponte
CEIPP de Nadela
Colexio Diocesano A Milagrosa

As portas do Pazo están abertas para recibirvos con moita ilusión. Agardamos que gocedes desta experiencia e descubrades todo o que fai grande ao C.B. Breogán.