Novas

Experiencia Breogán – Vídeo resumo

Resumo da 5ª EXPERIENCIA BREOGÁN.
Do 31 de outubro ó 6 de novembro de 2022.

Esta derradeira Experiencia Breogán do ano 2022 permitiunos coñecer a Escola Banda de Música do Concello de Antas de Ulla.
Vivimos por este motivo unha serie de viaxes mentais ou sensoriais, cada un deles máis interesante e emocionante.

A primeira viaxe lévanos ó pasado desta Banda, a coñecer a historia dos seus 126 anos de andaina. Da man do seu membro máis antigo, coñecimos boa parte dela, xa que se iniciou cando era moi novo. O pequeno resumo desta ampla historia queda ben reflexada no libro co que os nosos anfitrións nos quixeron agasallar o día que visitamos un ensaio da banda. (Con Salva Arco, Erik Quintela e Jonathan Kasibabu).

Pero a viaxe continúa no pasado, porque a el temos que remontarnos para comprender a vinculación da xerente da nosa empresa benefactora PAZO DE VILANE (responsable de que adiquemos esta Experiencia Breogán) co baloncesto lucense e máis concretamente co C.B. Breogán.

Seu pai foi un dos fundadores do Club e por respeto á súa memoria e ó breoganismo que corría polas súas veas dende aquel 1966, Nuria Varela – Portas quixo pechar o círculo e cumprir un dos soños do seu devanceiro a través da Fundación Breogán.

Esforzo, ilusión, sentimento de equipo, son valores que comparten Banda e Club e estamos certos de que a viaxe ó futuro que lles agarda a ambos grupos estará cheo de éxitos e de entrañables momentos.

Moitas grazas a tódolos membros e directivos da banda, ó C.B. Breogán e a Pazo de Vilane por permitirnos ser testemuñas desta marabillosa simbiose,
que tivo o seu punto álxido no descanso do encontro que enfrontou ó C.B.Breogán e ó Valencia Basket o día 6 de novembro de 2022.

Ese Bella Ciao co que nos agasallaron dende o centro da pista do templo breoganista, chegounos ó corazón.

No remate da viaxe certificamos que o C.B. Breogán é máis que un clube e que tamén a Banda de Música de Antas de Ulla é moito máis que unha banda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *