Novas

Experiencia Breogán – Visita de ADACE LUGO ao Pazo

Na segunda fase da Experiencia Breogán, que esta semana lle estamos adicando a ADACE LUGO, grazas á nosa empresa benefactora GRUPO DITRAM, onte o Director da Fundación, Salva Arco recibiu no “Fogar do C.B. Breogán“, a unha representación de usuarios e traballadores da asociación lucense.

Como en cada tour, os convidados percorreron tódolos recunchos do Pazo, a maioría dos cales non son accesibles para o público en xeral e que xunto coas explicacións do persoal do C.B. Breogán, como por exemplo do Xefe de Prensa Marcos Fernández, conforman unha experiencia moi valiosa para todo bó breoganista. De feito, na visita á sala de prensa viviron os momentos previos á rolda de prensa de Veljko Mrsic onde xa estaba todo disposto coas cámaras da Televisión de Galicia.

Tamén tiveron a sorte de compartir uns intres cos xogadores e recibir uns agasallos como recordo deste día tan especial.

E ainda queda o fin de festa, que se producirá esta tarde no encontro que enfrontará ao C.B. Breogán e ao Joventut de Badalona, no que ADACE LUGO volverá a ser o noso convidado nas bancadas do Pazo.