Novas

Proxecto Persoas – Adestramentos e moito máis

Continúan os adestramentos do Proxecto Persoas como cada semana na pista principal do Pazo dos Deportes de Lugo.

Un proxecto que a Fundación Breogán realiza co apoio da Excma. Deputación de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela, Adace Lugo, Afalu e Raiolas Lugo.

Cada canastra é unha vitoria sobre os desafíos, cada tiro é un recordatorio de que non hai obstáculo demasiado grande. Cada semana, estes rapaces e rapazas, amósannos que, con determinación e traballo, podemos convertir cada dificultade nunha oportunidade de anotar unha tripla na nosa propia historia.