O día 31 de outubro de 2024 tiveron lugar as probas de preselección no anexo do Pazo dos Deportes de Lugo.
54 rapaces de categoría infantil procedentes de clubs de Lugo (capital e provincia) realizaron o adestramento de nivel do cal resultaron os 12 xogadores que formarán parte do equipo Fundación Breogán que representará ao C.B. Breogán na fase previa da Minicopa Endesa 2024.
Visitas especiais por parte do C.B. Breogán, que recibiron os participantes no adestramento: @salva_arco, Director Xeral, Tito Díaz, Director Deportivo, @quiquefraga13, adestrador e @erik_quintela, o capitán.
Todos eles tiveron palabras de ánimo e agradecemento para todos eles, facendo especial fincapé na sorte que teñen por poder representar ás dúas entidades nesta competición.
Veljko Mrsic, primeiro adestrador do @cbbreogan e @joaquindosil, coordinador do departamento de psicoloxía do club, tampouco quixeron deixar pasar a oportunidade de achegarse ao adestramento.
Logo de 3 intensas horas de adestramento, o corpo técnico do equipo da Fundación Breogán, Chisco López e Paula Abuín, elaboraron a alineación dos 12 integrantes que representarán ao C.B. Breogán na fase previa da Minicopa Endesa o vindeiro mes de decembro.
Moita sorte aos elexidos e moitas grazas a tódolos participantes.
SELECCIÓN EQUIPO FUNDACIÓN BREOGÁN
- DIEGO CORTIZAS ARIAS – Estudiantes Lugo
- ALEJANDRO ABELLÓ TORRES – Estudiantes Lugo
- IKER BOUZAS NEIRA – Estudiantes Lugo
- BRUNO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ – Estudiantes Lugo
- MATEO QUINTELA FÓRNEAS – Estudiantes Lugo
- MANUEL ÁNGEL REAL BARREIRO – Estudiantes Lugo
- HUGO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ – Estudiantes Lugo
- BRAIS NÚÑEZ ALONSO – CIdade de Lugo
- HUGO SANTOS BELÓN – Estudiantes Lugo
- DAVID PRADO COPA – Estudiantes Lugo
- ARAM MOSQUERA DEL RÍO – Ensino Lugo
- XANDRE VALCÁRCEL PÉREZ – CB Sarria