Novas

II Edición “Grazas A-Vós” – 30/10/24

Esta semana continuamos os talleres de estimulación cognitiva nas residencias públicas da Xunta de Galicia en Lugo. En As Gándaras e A Milagrosa, seguimos promovendo o benestar e a vitalidade dos nosos maiores a través de actividades deseñadas para exercitar a memoria e a creatividade.

Ademais, contamos novamente con Marta, estudante de psicoloxía da UNED, quen xa nos acompañou o ano pasado e volve coa mesma dedicación e entusiasmo.

Semana a semana, seguimos crecendo xuntos.