Novas

Fincas Lugo – Nova Empresa Colaboradora da Fundación Breogán

🤝 Damos a benvida a Fincas Lugo Inmobiliaria como nova Empresa Colaboradora da Fundación Breogán 💙.

O seu compromiso é claro: axudarche de principio a fin en todo o relacionado co mundo inmobiliario. Compra, venda, alugueiro, financiamento, asesoramento legal e fiscal, reparacións, certificados de eficiencia enerxética, depósito de fianzas, cambio de subministracións… e moito máis.

Sempre cun trato profesional e próximo, que os converte na túa inmobiliaria de confianza en Lugo.

📍 Fincas Lugo, a túa inmobiliaria en Augas Férreas.