Hoxe puxemos o broche final á 4ª edición do ciclo de charlas Luz ao Deporte, organizado pola Fundación Breogán coa colaboración de ABANCA e da Xunta de Galicia.
Fixémolo da man de Francis Alonso, xogador do CB Breogán, que compartiu coa rapazada a súa experiencia vital e deportiva: a importancia da familia, o seu camiño no baloncesto, o salto aos Estados Unidos —un reto duro pero decisivo—, o valor das amizades, a formación continua e o regreso a España para seguir cumprindo soños xunto aos seus compañeiros.



Acompañáronnos tamén Esteban Gómez, Director do Centro de Empresas de ABANCA, e Javier Arias, Delegado Territorial da Xunta de Galicia.
Á charla asistiron alumnos e alumnas do Colexio Maristas, CEIP de Nadela, Colexio Diocesano San Lorenzo e Colexio Diocesano A Milagrosa, aos que agradecemos o seu interese e participación.
🙏 Grazas unha vez máis a ABANCA e á Xunta de Galicia polo seu apoio imprescindible.
💙 Agardamos volver o vindeiro ano cunha nova edición de Luz ao Deporte.


