Desde aquel 11 de decembro de 2021, día no que presentamos oficialmente a Fundación Breogán, fomos medrando paso a paso, soño a soño, persoa a persoa.
Hoxe celebramos que xa superamos os 100 soci@s benefactores, 100 corazóns que cren no noso proxecto e que fan posible que sigamos acompañando, apoiando e creando oportunidades para quen máis o precisa.
Nada disto sería posible sen vós.
Grazas por confiar. Grazas por estar. Grazas por facer Fundación. ✨
Seguimos camiñando xunt@s 💙

