Nova sesión de estimulación cognitiva para as nosas rapazas e rapaces do Proxecto “Grazas A-Vós”, deseñada nesta ocasión por Marta e Sara, alumnas do grao en Psicoloxìa da UNED Lugo.
A linguaxe e a lóxica matemática centraron o traballo de hoxe, xa coa mente posta no partido desta tarde, onde elas e eles estarán empurrando ao C.B. Breogán a pé de pista, no palco VIP da Fundación Breogán.