Hoxe en Grazas A-Vós, mergullámonos na reminiscencia. A través dun emocionante xogo de preguntas por equipos, exploramos fotografías de Lugo tanto do pasado como do presente. O noso obxectivo é revivir recordos afastados no tempo, como a emblemática fonte da piña de Sto. Domingo, o antigo cárcere do Bispo Izquierdo en Campo Castelo ou o xa desaparecido Gran Teatro.
Os nosos participantes máis experimentados transportáronnos a lugares esquecidos, como o antigo peche perimetral do Pazo de San Marcos, ou os sitios onde xacían o vello cemiterio e o primeiro edificio do Círculo das Artes. Ao lembrar momentos significativos, fortalecemos a identidade e o autocoñecemento.
Non perdas a segunda parte o vindeiro venres!