Se a semana pasada retomamos as sesións de estimulación cognitiva do proxecto Grazas A-Vós, onte fixemos o mesmo cos obradoiros de activación física!
Nas residencias públicas de maiores da Xunta de Galicia en Lugo (A Milagrosa e As Gándaras) seguimos fomentando o benestar e a vitalidade, agora da man dos nosos adestradores da Fundación Breogán, Álex Martín e Nerea Vieites.



A moverse, a sorrir e a desfrutar!