Na fotografía, tres vertentes, un mesmo espírito! Onte vivimos un momento especial co primeiro adestramento conxunto do Proxecto Cris Seijo, no que se reuniron:
🔹 O equipo que conta co soporte da Fundación e que compite na Liga Feminina de Veteranas.
🔹 Mulleres maiores de 35 anos, amantes do baloncesto, que veñen adestrar cada semana.
🔹 O grupo de mulleres solicitantes de asilo, ás que lles ofrecemos acceso á práctica deportiva.
Un proxecto que vai moito máis alá do deporte, xerando comunidade, integración e oportunidades.
Grazas á Xunta de Galicia e ao CEIP Anexa polo seu apoio, e a Cruz Vermella Lugo e Diaconía pola súa colaboración!
Seguimos sumando xuntas!