Novas

Grazas Clubs Lucenses

Dende a Fundación Breogán queremos felicitar a tódolos clubs de baloncesto lucenses e os seus adestradores de categorías de formación.

Co voso esforzo diario e a vosa implicación no desenvolvemento dos deportistas, non só noa permitides asistir a unha das mellores competicións de formación do baloncesto español, senón que, e o máis importante, contribuides a que os xogadores/as medren e se formen grazas aos valores do deporte.

Grazas e parabéns por todo o voso traballo. A nosa participación na Mini Copa 2023 é un pequeno recoñecemento a todos vós.