Novas

Ningún Aro Sen Rede (23/24) – CEIP San Cosme – Barreiros

O noso curto pero divertido periplo pola costa lucense levounos seguidamente ao CEIP San Cosme de Barreiros.

Nas canastras do patio de ese centro escolar xa locen as #econets de Ecoballution para que desfruten xogando a baloncesto nos recreos.

Novamente Salva Arco e Paula Fernández Moure explicaron en qué consiste o proxecto antes de pasar á parte máis lúdica da visita, as competicións.

Desta volta o Mini Máximus de agasallo foi para os pequenos/as de infantil, que dende agora xa teñen nova mascota para a súa clase.

Máximus volveu a deixar patente que necesita adestrar máis, xa que fixo un 0/10 nesta ocasión. Pola súa banda, o Director da Fundación Breogán, Salva Arco fixo certo aquel dito “O que tivo, retivo”, ao anotar un lanzamento dende o centro da pista. Sen ánimo de restarlle o mérito que ten…necesitou de varios intentos.