Anunciamos a próxima construcción, por parte de Afalu, dun horto terapéutico no seu Centro de Día de Friol.
Este feito vai ser posible grazas ó apoio de todo o Breoganismo, pois a obra estará financiada co importe recibido por Afalu correspondente á doazón benéfica anual da Fundación Breogán.
Para nós é un orgullo comprobar que a solidariedade da familia Breoganista terá este fin tan nobre e que contribuirá a mellorar a vida dos que máis o necesitan.