Novas

Ningún Aro Sen Rede – CEIP Ramón Falcón

Comezamos o mes de Febreiro, o pasado mércores, visitando 3 Centros Educativos que se suman ó proxecto Ningún Aro Sen Rede, no que imos da man coa @unedlugo e @ecoballution.

O primeiro deles foi o CEIP Ramón Falcón, en Castro de Rei, onde fomos recibidos por todo o alto, con animación musical incluída. Destacamos desta visita a implicación dos mestres/as, que participaron activamente nos concursos.

Houbo agasallos do CB Breogán e os gañadores levaron entradas para o encontro de onte fronte ó Girona.

Ademáis de Ana Traseira, Directora da Uned Lugo e Salva Arco, Director da Fundación, acompañounos Máximus, unha máis que agradable sorpresa para os nenos e nenas de Castro de Rei.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *