Novas

II Edición “Luz ó Deporte 2023” – Cata Pollini

Mañá martes, a partir das 12:30 horas, o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, acollerá de novo a terceira charla do ciclo de conferencias “LUZ Ó DEPORTE 2023”.

Este proxecto que organiza a Fundación Breogán co apoio de Abanca e da Xunta de Galicia, permitiranos coñecer mellor a figura da Team Manager do Ensino, CATA POLLINI.

O acto estará conducido novamente pola presentadora e xornalista María Nieto e nel, achegaremos aos escolares dos institutos Ollos Grandes, Politécnico, Xoan Montes e Ánxel Fole, as vivencias persoais e a traxectoria profesional desta deportista do máis alto nivel e cunha forte vinculación con Lugo.