Novas

Experiencia Breogán – ADACE Lugo – Día de partido

O pasado sábado pechamos a semana adicada a ADACE Lugo, no que foi a cuarta Experiencia Breogán deste 2023, da man da nosa empresa benefactora GRUPO DITRAM.

Unha representación de usuarios e traballadores da Asociación, presenciaron o apaixoante encontro disputado no Pazo dos Deportes de Lugo entre o C.B. Breogán e o Joventut de Badalona e que supuxo a segunda vitoria desta temporada do clube lucense na Liga Endesa.

Na media parte, o Presidente da Fundación Breogán, Narciso Fernández, acompañado por José Ramón López Armesto, Xerente de Hyundai Ditramotor, sairon ao centro da pista para facer entrega dun pequeno recoñecemento ao seu labor a Beatriz Fernández, representante de ADACE Lugo.

Dende a Fundación Breogán queremos agradecer a Grupo Ditram a súa colaboración para poder achegar á poboación o importantísimo traballo que realiza Adace Lugo en prol da promoción de servizos, reivindicación dos dereitos e todo tipo de actuacións encamiñadas a mellora-la calidade de vida dos afectados de DCA e os seus familiares.