Charla Inspiradora no Ciclo de Conferencias LUZ AO DEPORTE 2023.
O pasado martes tivemos a honra de contar coa presenza de Cata Pollini no ciclo de conferencias organizado pola Fundación Breogán, co apoio de Abanca e da Xunta de Galicia.
Cata, unha verdadeira lenda do baloncesto feminino e actual Team Manager do Ensino, compartiu sabedoría e consellos sinceros que ecoaron no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. A súa experiencia na primeira liga da WNBA e o seu destacado papel no deporte convértena nunha fonte de inspiración para todos nós.
A entrevista, coordinada pola escritora e xornalista María Nieto, foi enriquecedora, coa participación activa dos alumnos dos institutos Ollos Grandes, Politécnico e Xoan Montes, xunto cos seus profesores e os medios de comunicación.
Cata fixo fincapé na importancia de xogar en equipo, non só na cancha, senón en todos os aspectos da vida e que a clave para acadar o éxito é o traballo e gozar de cada intre na pista. Unha lección valiosa que nos levamos todos!
Agradecemos a Cata Pollini pola súa proximidade e autenticidade, facendo desta charla un momento inesquecible.
Anunciamos que o próximo mes de decembro pecharemos esta segunda edición de LUZ AO DEPORTE cunha charla imperdible. Recibiremos a Veljko Mrsic, adestrador do CB Breogán! Non o perdas!