Novas

Máis Que Basket No Rural – Castro de Rei – Agasallos e showcooking saudable

Chega ao seu fin o Máis Que Basket No Rural no Concello de Castro de Rei. Ao longo das últimas semanas a Fundación Breogán levou o baloncesto e os hábitos de alimentación saudables a este fermoso municipio da Terra Chá lucense.

Na primeira parte realizamos o xa habitual test, para avaliar os coñecementos de baloncesto adquiridos polos rapaces e rapazas nestas pasadas semanas. Á vista dos resultados comprobamos que, por norma xeral a mensaxe dos nosos adestradores calou fondo en todos eles e elas. De feito 4 rapaces fixeron pleno, respostando correctamente ás 16 preguntas do exame. Noraboa a tod@s!

Logo, disfrutamos dun delicioso showcooking saudable a cargo de Marta Pérez Fandiño, dietista e nutricionista de Nutripasos, quen compartíu valiosos consellos sobre hábitos alimenticios saudables.

Ademáis, entregáronse os diplomas e un balón a cada participante dos adestramentos de baloncesto, que tiveron lugar nos CEIP Ramón Falcón e CEIP Veleiro do Campo.

Neste especial acto, acompañaron ao Director da Fundación Breogán, Salva Arco, Roberto Lorenzo Fernández, Teniente Alcalde de Castro de Rei; María Toirán Silvosa, Directora do CEIP Ramón Falcón e Juan José Díaz Valiño, Director do CEIP Veleiro do Campo.

Queremos expresar o noso agradecemento ás empresas benefactoras Río de Galicia e Pazo de Vilane pola súa colaboración na realización deste proxecto. E, por suposto, ao Concello de Castro de Rei polo seu apoio e predisposición, así como ao persoal docente dos dous CEIP pola súa implicación.