Novas

II Edición “Luz Ó Deporte 2023” – Presentación

Hoxe presentouse oficialmente a II Edición do proxecto “Luz ó Deporte”, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

No acto estiveron presentes Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Zaira Dapena, Directora Territorial de Abanca, Sagrario Sánchez, Xefa Territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Salva Arco, Director da Fundación Breogán e tres dos catro protagonistas das charlas: Veljko Mrsic (C.B.Breogan), Cata Pollini (Ensino Lugo) e Pedro Munitis (C.D. Lugo).

A maiores deles, contaremos con Sergi Grimau, que será o encargado de abrir este ciclo de conferencias impulsadas pola Fundación Breogán co apoio da Xunta de Galicia e Abanca, o vindeiro martes 26 de setembro.

As charlas terán lugar novamente no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, e como novidade nesta edición, estarán abertas ao público en xeral (ata completar o aforo).

Tedes á vosa disposición toda a información en https://fundacionbreogan.org/luz-o-deporte-2023