LUZ Ó DEPORTE 2023
De Setembro a Decembro de 2023.
II Edición do proxecto que a Fundación Breogán realiza en convenio coa Xunta de Galicia e Abanca.
A Fundación Breogán pretende ser a plataforma perfecta para que, utilizando a relevancia e impacto que supón o C.B. Breogán para a sociedade lucense, ser o referente no fomento e divulgación dos valores inherentes ó deporte e ser inclusivos acadando que todos teñamos as mesmas posibilidades e oportunidades para realizarnos.
Como obxectivos, e dentro da nosa parcela deportiva, pretendemos fomentar e inculcar os valores do deporte entre tódolos sectores da sociedade lucense. Divulgar e promover o deporte co fin de acadar hábitos saudables de práctica deportiva, entendendo sobre todo, a importancia que teñen os máis novos neste contexto.
E é por isto que nace LUZ Ó DEPORTE no pasado 2022, buscando empregar o deporte e os seus protagonistas como unha ferramenta para dar a coñecer todo o que agacha o deporte de élite.
Ser testemuñas en primeira persona das experiencias e viviencias de deportistas e ex deportistas de primeiro nivel para educar, orientar e influir positivamente na conducta dos adolescentes.
LUZ Ó DEPORTE constará novamente de 4 charlas para adolescentes, entre 12 e 18 anos, nas que se busca dar visibilidade a certos temas tabúes no mundo do deporte profesional. Ó mesmo tempo, queremos poñer en alza todos aqueles valores e actitudes que poidan influir de maneira positiva na súa educación.
As charlas realizaranse durante o inicio do curso 23/24, unha charla ó mes durante setembro, outubro, novembro e decembro e nas que serán protagonistas varios Centros de Educación Secundaria e Centros Integrados de Formación Profesional da cidade de Lugo.
Como novidade este ano as ponencias estarán tamén abertas ao público en xeral que desexe asistir ás mesmas, pertencentes ou non á comunidade educativa, ata completar o aforo.
Do mesmo xeito que na anterior edición, as charlas serán conducidas por María Nieto, Licenciada en Ciencias da Comunicación e a Información, con formación complementaria en Relacións Públicas, Organización de Eventos, Comunicación Corporativa e Comunicación Dixital, e levaranse a cabo no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.
Os relatores e os temas a tratar serán:
- SERGI GRIMAU – 26 de Setembro – Deixando pegada.
- PEDRO MUNITIS – 17 de Outubro – Co traballo por bandeira.
- CATA POLLINI – 14 de Novembro – Lenda do basket feminino.
- VELJKO MRSIC – 12 de Decembro – De Split a Lugo.