Charla inaugural desta II Edición de Luz ó Deporte, un proxecto que leva a cabo a Fundación Breogán coa colaboración da Xunta de Galicia e Abanca.
SERGI GRIMAU abriu esta nova tempada ofrecendo aos 200 rapaces e rapazas do CIFP Politécnico, IES Xoan Montes, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e público en xeral, unha ponencia vital e motivadora.
Acompañando a Salva Arco, Director da Fundación Breogán, estiveron presentes Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Zaira Dapena, Directora Territorial de Abanca, Sagrario Sánchez, Xefa Territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Enrique Rozas e Manuel Cadramón, Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia.
A mensaxe que Sergi transmitiu á audiencia, coa súa característica paixón e simpatía, foi unha mensaxe de optimismo, superación dos retos, compromiso…valores estes que aos rapaces lles axudarán no seu futuro para medrar “Deixando Pegada”, e espertar neles a súa conciencia persoal, social e medioambiental.
Moitas grazas Sergi, polo que contas e por como o contas.
A seguinte parada de Luz ó Deporte será o vindeiro 17 de outubro, na que contaremos coa presenza de Pedro Munitis, adestrador do C.D. Lugo e que tamén estará aberta ao público en xeral de maneira gratuita.