Novas

Ningún Aro Sen Rede – Inicio Curso 2023/24

Hoxe iniciamos un novo curso deste proxecto que realizamos coa colaboración de ECOBALLUTION e da UNED LUGO.

Logo da sensacional acollida que tivo no 22/23, por parte dos Centros Educativos participantes, abrimos dende hoxe as inscricións da segunda tempada, que permanecerán abertas ata o día 10 de decembro de 2023.

A maneira de realizar dita inscrición é por medio dun correo electrónico dirixido a inscripciones@fundacionbreogan.org. Logo da recepción do mesmo poñerémonos en contacto con vós para concertar unha data e realizar a visita.

Recordade, as prazas están limitadas a 10 Centros Educativos, o máximo de redes que podedes solicitar son 5 e o voso colexio pode volver a participar se xa o fixo o ano pasado.

Os premios e agasallos nesta edición serán:

PRIMEIRO CLASIFICADO:

75 invitacións para un encontro do C.B. Breogán da tempada 24/25.
100€ en libros de temática ambiental (UNED LUGO).

SEGUNDO CLASIFICADO:

50 invitacións para un encontro do C.B. Breogán da tempada 24/25.
Lote de productos ECOBALLUTION (1 rede de fútbol sala, 5 redes individuais para balóns e 3 redes para balóns).

TERCEIRO CLASIFICADO:

25 invitacións para un encontro do C.B. Breogán da tempada 24/25.
50€ en libros de temática ambiental (UNED LUGO).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *