Onte pechamos o ciclo de charlas Luz ó Deporte 2023, coa ponencia do adestrador do C.B. Breogán, Veljko Mršić.
Nela, María Nieto repasou a ampla traxectoria profesional de Veljko, unha vida adicada en corpo e alma ao baloncesto, na que o traballo e a disciplina foron a clave para chegar a acadar o éxito.
O técnico croata pertence a unha das mellores xeracións de xogadores da historia de Europa. Compartíu pista con auténticas lendas do baloncesto balcánico: Toni Kukoc, Dino Radja, Stojan Vranković, Arijan Komazec, Velimir Perasović, Vladan Alanovic, Ivica Zuric, Alan Gregov, Davor Pejcinovic, Josip Vranković, Ivica Maric e co inesquecible “xenio de Šibenik“, o gran Dražen Petrović.
Tamén explicou de qué maneira viviu a guerra dos Balcanes, e como este conflicto erosionou severamente a cultura baloncestística da antiga Iugoslavia.
No acto estiveron presentes o Director da Fundación, Salva Arco; @javierariasfouz, Delegado Territorial da @xuntagalicia; @zahyradc, Directora Territorial de Abanca; Sagrario Sánchez, Xefa Territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; Manuel Cadramón, Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia e Tito Díaz, Director Xeral do C.B. Breogán.
Rematamos deste xeito a II Edición deste proxecto que organizamos coa colaboración de ABANCA e da XUNTA DE GALICIA, e no que conseguimos chegar a máis de un milleiro de rapaces e rapazas de varios institutos lucenses e público en xeral, para amosarlles a cara menos coñecida do deporte, contada polos seus protagonistas.