Novas

Experiencia Breogán – Somos UPEC – Visita Pazo

No derradeiro “Tour do Pazo” do proxecto Experiencia Breogán deste 2023 recibimos a unha representación de SOMOS UPEC composta por varios membros da directiva e algún usuario.

O percorrido, guiado polo Director da Fundación Breogán, Salva Arco, percorreu as zonas máis senlleiras do templo breoganista: corredor da fama, vestiario, sala de vídeo, sala VIP, ximnasio… para rematar presenciando unha parte do adestramento do C.B. Breogán, no que tiveron a oportunidade de compartir uns minutos de charla cos xogadores.

Foi entón cando o presidente da entidade SOMOS – Unidos por el cáncer, José Manuel Vázquez, explicou a toda a plantilla o labor que realiza a asociación por toda a provincia de Lugo e o enorme valor que ten para a sociedade lucense. A visita rematou coma sempre, coa foto de familia entre os xogadores e corpo técnico do C.B.Breogán e os integrantes do Tour.