Novas

III Edición Liga Senior 3X3 – Finais – Súper Tiro Torre de Núñez

Próximo domingo día 9, na Praza de Augas Férreas e desde as 18:00 h. ven gozar das finais da III Edición da Liga Senior 3X3.

Achégate e participa desta festa do baloncesto lucense, na que tódolos presentes poderán optar a gañar un lote de produtos TORRE DE NÚÑEZ para o primeiro que sexa quen de anotar un Súper Tiro desde o centro da pista.

As bases son moi sinxelas: a partir das 18:30 h. habilitarase unha canastra para que o público en xeral participe no concurso. Cada lanzador/a disporá de dous tiros, un de proba e o definitivo. Se consegues anotar este segundo lanzamento pasarás á gran final contra un representante de cada un dos equipos que conforma a Liga Senior.