Mañá venres desde as 20:30 h. na pista principal do Pazo dos Deportes de Lugo, terá lugar a terceira xornada da III Edición da Liga Senior 3X3, correspondente aos oitavos de final.
Destes encontros sairán os emparellamentos dos 8 equipos que disputarán as finais o vindeiro domingo día 9, na Praza Augas Férreas.
Ademáis, tamén terán lugar os cuartos de final dos concursos de triplas e twoball, dos que sairán os semifinalistas, así como unha nova oportunidade para gañar un xamón Torre de Núñez co Súper Tiro TORRE DE NÚÑEZ.