Onte celebrouse no Pazo dos Deportes, o sorteo que deu como resultado a composición dos dous grupos desta III Edición da Liga Senior 3X3.
Estiveron presentes un representante de cada equipo aos que se lles fixo entrega das camisetas personalizadas do seu conxunto.
O pequeno acto tamén serviu para que o Director da Fundación Breogán, Salva Arco, explicase aos alí presentes a normativa da competición e o regulamento dos concursos: de triplas, two-ball e o súper tiro Torre de Núñez.
Como xa ven sendo habitual na liga 3X3, tamén contamos coa colaboración do xogador do C.B. Breogán, Erik Quintela, ao que lle agradecemos a súa presenza.
A primeira xornada da liga comezará mañá venres, a partir das 20:30 h. na pista principal do Pazo dos Deportes.
Sorte rapaces/as e a gozar do baloncesto!