Novas

Basket na Rúa 2024 – Ceip Sagrado Corazón 18/05/24

Esta mañá, a pesar da choiva, os pequenos deportistas lucenses gozaron dunha xornada extraordinaria no CEIP do Sagrado Corazón, grazas á nosa actividade BASKET NA RÚA. O espírito deportivo fíxose novamente presente, demostrando que a paixón polo baloncesto pode superar calquera adversidade climática.

O mellor plan para unha mañá chuviosa é, sen dúbida, practicar deporte e participar en actividades de ocio saudable. Os nenos e nenas mostraron a súa destreza e entusiasmo, e os gañadores das competicións foron premiados con moitos agasallos: balóns, mini Máximus, camisetas do BNR asinadas polos xogadores do C.B. Breogán e mochilas do proxecto.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á dirección do CEIP do Sagrado Corazón por permitirnos utilizar as súas instalacións deportivas, facilitando así a realización desta actividade tan especial.

E non esquezades que o vindeiro sábado, se as condicións climatolóxicas permíteno, estaremos na Praza Anxo Fernández, con esta actividade organizada pola Concellería de @xuventudedeporteslugo do @concellolugo e o Programa +XTI.

Esperámosvos para seguir gozando do baloncesto e do deporte ao aire libre!