Novas

IV Xornadas de Tecnificación – Arrancamos

Xa estamos en marcha!

Esta mañá demos comezo á IV Edición das Xornadas de Tecnificación da Fundación Breogán e o C.B. Breogán.

Durante tres días, o anexo do Pazo dos Deportes convértese no escenario perfecto para que 50 rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos gocen do baloncesto, aprendan e medren como deportistas.

💙 Ilusión, aprendizaxe e moito basket… isto non fixo máis que comezar!