Novas

IV Xornadas de Tecnificación – Entrega trofeos

Despois da emoción das finais das competicións, chegou un dos momentos máis especiais das IV Xornadas de Tecnificación: a entrega de trofeos e recordos para os gañadores e participantes.

Todos eles foron deseñados de forma exclusiva por Oartesan3D, converténdose nunha lembranza única do seu paso polas xornadas.

Contamos ademais coa presenza do Director Xeral do CB Breogán, Salva Arco, quen participou nesta entrega tan especial.

Poñemos así o peche á parte deportiva… pero isto aínda non remata! Esta tarde agarda unha nova sorpresa para os nosos rapaces e rapazas 👀🎉