Novas

IV Xornadas de Tecnificación – Concepto Circo

A sorpresa final destas IV Xornadas de Tecnificación chegou da man dos nosos amigos de Concepto Circo!

As nosas rapazas e rapaces gozaron dun obradoiro único no que aprenderon técnicas de graffiti e mergulláronse no mundo da arte urbana dun xeito práctico, creativo e, sobre todo, moi divertido.

Queremos agradecerlles enormemente a súa implicación e bo facer. E por parte nosa… xa contamos os días para volver!

En 2026 regresaremos cunha nova edición destas xornadas que, unha vez máis, foron un auténtico éxito grazas a todos vós.