Unha nova oportunidade para descubrir o baloncesto desde outra perspectiva. 🏀💙

Nesta ocasión recibimos a visita dos rapaces e rapazas do CEIP de Monterroso, que se achegaron a NÓS BALONCESTO para coñecer de preto o baloncesto en cadeira de rodas e descubrir todo o que hai detrás desta modalidade.

Un encontro para experimentar, preguntar, aprender e, sobre todo, compartir deporte sen barreiras.

Grazas por vir e por formar parte desta experiencia. Seguimos facendo medrar NÓS!