Onte pechamos a III Edición do noso ciclo de conferencias Luz ó Deporte, coa inspiradora ponencia do boxeador medallista olímpico, Enmanuel Reyes Pla.
Enmanuel, un exemplo de superación, ensinounos que nunca hai que renderse, que o esforzo é a clave para superar calquera desafío. As súas vivencias deixaron unha pegada imborrable en todos os asistentes.
Este proxecto, que realizamos en colaboración coa Xunta de Galicia e Abanca, permitiunos, unha vez máis, achegar á mocidade de Lugo grandes referentes do deporte de primeiro nivel.
Estiveron presentes Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia e Esteban Gómez, en representación de Abanca, quen recolleron de mans do Director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, un pequeno recoñecemento para agradecer o apoio de ambas entidades durante estas tres edicións.
Grazas a todas as persoas que o fixeron posible. Seguimos traballando polo deporte e pola nosa mocidade!