Onte presentamos a III Edición do Ciclo de Conferencias “LUZ Ó DEPORTE”, organizadas pola Fundación Breogán co apoio da Xunta de Galicia e Abanca.
JOAQUÍN DOSIL – 30 de Setembro – Experiencias do deporte para a vida.
JESSICA E LUCY AKAMERE – 21 de Outubro – Compartindo unha paixón.
MIGUEL MUÑOZ – 18 de Novembro – Veteranía nos pés, mocidade no corazón.
ENMANUEL REYES PLA – 16 de Decembro – A golpe de esforzo.
As charlas terán lugar no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo e ás mesmas asistirán os alumnos e alumnas do Colexio Plurilingüe Franciscanos Lugo, do IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes e do Colexio Maristas Inmaculada.