Alumnos/as dos CEIP Ramón Falcón e Veleiro do Campo, acompañados por 5 mestres, visitaron onte as instalacións de RÍO DE GALICIA.
Comezaron a visita no salón de actos, onde coñeceron un pouco mellor a historia da Empresa a través da proxección dun video no que tamén se explicaba todo o proceso que segue o leite dende a recolleita nas explotacións gandeiras ata o envasado da mesma.
Tamén observaron dende unha perspectiva xeral e privilexiada, toda a planta de envasado, onde puideron ver na práctica o que acababan de ver no video.
Logo de recibir unha clase práctica de como munguir a unha vaca, a visita rematou coa entrega a cada un deles e delas dun lote de productos de RÍO DE GALICIA.
Queremos agradecer á nosa Empresa Benefactora RÍO DE GALICIA a predisposición e as atencións recibidas durante a organización e o transcurso da visita.