Derradeiro día da fase de adestramentos deste Máis Que Basket No Rural en Castro de Rei.
A parte teórica do xornada xirou en torno á figura do C.B. Breogán, na cal fixemos un repaso a historia do club. Na parte de baloncesto, puxemos en práctica o aprendido neste mes de adestramentos, que como podedes comprobar foi moito.
Os rapaces e rapazas destinatarios da sorpresa desta xornada foron os alumnos e alumnas do CEIP Ramón Falcón, que contaron ca presenza de Anthony Polite.
Logo de coñecer un pouco mellor a Anthony, o xogador do C.B. Breogán ofreceunos unha clase de técnica de tiro, antes de pasar a compartir con todos eles e elas xogos e partidos 2X2.
Rematan deste xeito os adestramentos en Castro de Rei, pero ainda queda moito +QBNR: o taller de cociña saudable con “showcooking” en directo e pecharemos este proxecto recibindo aos nosos amigos de Castro de Rei no Pazo dos Deportes de Lugo, o vindeiro 11 de novembro para presenciar o encontro C.B. Breogán vs Joventut.