💜 Esta tarde, a Fundación Breogán únese aos actos do #8M organizados pola Concellería de Igualdade do Concello de Lugo.
📍 Estaremos na Praza de Augas Férreas, desde as 17:00 horas, participando en “Mulleres no Xogo”, un torneo 3×3 no que contaremos coa presenza de xogadoras veteranas do Ensino e do Proxecto Cris Seijo da Fundación Breogán.
Unha xornada para reivindicar, visibilizar e celebrar o papel da muller no deporte!


