Onte tivemos a sorte de recibir, novamente, a varios membros da delegación de Lugo do @comitegalegodearbitros_fgb (@fegababaloncesto), que viñeron compartir con nós unha sesión especial no Proxecto Persoas.
Con eles en pista, puxemos en práctica o noso mellor xogo limpo e seguimos aprendendo que o baloncesto é moito máis que un deporte: é compañeirismo, respecto e inclusión.



Grazas por achegarvos e sumar ao noso proxecto! Volvede cando queirades… a pista é vosa!


